900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A compravenda de vivendas en Galicia sobe un 20,5 % no mes de xaneiro

Fronte a esta tendencia da comunidade galega, as operacións baixaron, de media, un 2,1% no conxunto de España

Albistea Galicia

Galicia rexistrou en xaneiro un incremento na compravenda de vivendas do 20,5% en comparación co mesmo mes do 2023, situándose en 2.184 inmobles. Segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE), a comunidade galega mostra unha tendencia contraria á media nacional, xa que no total de España, estas operacións baixaron un 2,1% ata as 54.346 unidades.

Galicia é a terceira comunidade autónoma na que máis se incrementou a compravenda de vivendas, só por detrás de Castela-A Mancha (25,8%) e Castela e León (21,1%). Do total de inmobles adquiridos na comunidade, 465 eran novos (+29,5%) e 1.719, usados (+18,3%). A maioría eran vivendas libres, un total de 2.116, mentres que só 68 eran protexidas. A Coruña é a provincia na que máis pisos e casas se venderon en Galicia con 1.064 operacións (+21,5%); 282, en Lugo (+20%); 203, en Ourense (+5,2%) e 635, en Pontevedra (+25%). 

En Galicia transmitíronse un total de 4.176 vivendas, das cales 2.184 foron por compravenda, mentres que se donaron 58, se permutaron 4 e heredáronse 1.035. Outras 895 transmitíronse doutras maneiras. Ademais, procesouse a compravenda de 10.741 fincas en xaneiro, sendo 2.928 rústicas e o resto, urbanas.

Doce meses de baixadas a nivel nacional

A compravenda de vivendas rexistrou en xaneiro un descenso do 2,1% con respecto ao ano anterior ata un total de 54.346, segundo datos do INE. Un descenso que encadea 12 meses á baixa despois de pechar o 2023 cunha caída do 9,7% en comparación co 2022, cando creceron un 14,8%.

Esta baixada da compravenda de vivendas en xaneiro debeuse á disminución das operacións sobre pisos de segunda man (-3,4%) malia que o número de operacións sobre vivendas novas aumentou un 3,6% respecto ao primeiro mes do 2023.

Harpidetu dohainik gure astekarian .

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Boletin hau berrio ez jasotzeko, HEMEN sakatu